Libro de familia
Capítulo 257: O butaneiro
Santalla está en obras polo que Elías se presta a levar no seu taxi as bombonas de butano para os veciños. Carmiña ve nisto unha posibilidade de negocio: e se Elías se convertese no novo butanero do pobo? Por non variar Elías servirase de artimañas para que o seu negocio sexa máis frutífero, aínda que Cosme e Venancio axexan para darlle o seu merecido escarmento. Elvira recibe unha carta de desafiuzamento. A beata está atravesando un terrible momento económico. Andrés, o psiquiatra, tratará de axudala. Freire e Deli pensan na posibilidade de irse a vivir a Vilariz, xa que o indiano quere entrar no negocio dos pisos.
Mentres no colexio, a paixón se desata entre Óscar e María, que decidiu deixar a Marcos para iniciar unha nova relación co profesor. Marcos, teméndose o peor, intenta ir ao encontro da directora, pero o seu coche non funciona. Finalmente viaxará con Pedro...