CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 256: Un cravo quita outro cravo

17/04/2011 22:00 h

A decisión de Freire de deixar o invernadoiro provocará non só problemas na contorna laboral, onde os socios senten a súa marcha como unha traizón, senón no terreo familiar enfrontando a Sara e a Deli.

Ramón Balseiro intenta aproveitar a amizade que une ao seu fillo Óscar con María para investigar sobre as terras do invernadoiro, onde ten pensado construír coa axuda de Pedro.

Doutra banda don Venancio, Elías e Milucho temen polo benestar de dona Elvira. Mentres esta decidiu pasar o día en Vilariz con Laura sen avisar a ninguén, os homes búscana por todo o pobo e deciden que xa vai sendo hora de buscar axuda ¿profesional? para a beata. Andrés, un amigo de don Venancio, será o encargado de prestarlla dando pé a un divertido malentendido.

Atopar capítulo por: