Libro de familia
Capítulo 255: Artista de tixola
Os socios do invernadoiro amencen cunha nefasta noticia: o almacén foi saqueado e alguén roubou a única proba que inculpaba a Celia e Pedro, o recibo. Ninguén dubida de que sexan o alcalde e o seu leal Álvaro quen se atopan detrás deste desastre. Dona Elvira recibe a inesperada visita da amante de Senén, mentres o achegamento entre Tomás e Laura fai reavivar chamas do
pasado.
En Vilariz María proponse mercar un piso a Ramón Balseiro, o pai de Óscar, quen puxo as súas miras en Santalla como próximo destino para as súas construcións alentado por Pedro. Mentres tanto os Cabanas viven unha divertida situación protagonizada por Carmiña, quen asegura facer as mellores filloas de toda a comarca para alardear ante Sara. O problema virá cando se dispoña a facelas. Elías e don Cosme serán os seus aliados nesta aventura.