CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 253: Unha nora exemplar

27/03/2011 22:00 h

Dona Elvira irrompe na familia Cabanas ao ler por erro a correspondencia de Cosme, decatándose así da suculenta pensión que percibe. Cegada pola avaricia decide achegarse ao maior do clan Cabanas quen, desconfiado e vendo as intencións da beata, decide seguirlle o xogo e aproveitarse das intencións de Elvira provocando unha hilarante situación que todos contemplan pasmados: Cosme múdase a vivir con Elvira quen lle coida case como a un neno coa pretención de sacar tallada.

Os preparativos para o xuízo seguen o seu curso nunha situación cada vez máis tensa. Celia teme pola súa liberdade, se Álvaro fala podería ir ao cárcere. Asustada e inqueda porque talvez a axuda de Tomás non sexa suficiente, acode a Pedro contándolle todo o que sabe. O alcalde non dubidará en ameazar a Álvaro e porlle contra as cordas se non cambia o seu testemuño.

Doutra banda, Marcos e María fan por fin as paces ante a tristura de Óscar que segue namorado da rapaza.

Atopar capítulo por: