Libro de familia
Capítulo 252: Primeiras flores
As primeiras flores do invernadoiro chegan a Santalla ante a ledicia das mulleres, que ven recompensado o seu esforzo e duro traballo cunha magnífica colleita. Pronto se corre a voz por todo o pobo do esplendorosas que son ans novas flores, cousa que a dona Elvira non lle gusta nada. Verde de envexa, intentará por todos os medios estragar as flores para facer quedar mal
o traballo das súas paisanas.
Sara e o resto de mulleres deciden doar parte da colleita á parroquia como xesto de agradecemento, do que Don Venancio -coa axuda de Elías- non dubidará en sacar proveito creando un negocio de adornos florais moi peculiar. Doutra banda, Marcos está inmerso no xuízo, traballando duro e sen probar nin pinga de alcol. A súa nai, orgullosa, fai saber este cambio na actitude do mozo a Sara para que a noticia chegue a María e intentar así arranxar as
cousas entre eles.
Pedro, enfadado polo ben que empezan a ir as cousas no invernadoiro, esixe a Álvaro que minta no xuízo e acuse aos Lamela de sabotaxe no afundimento da carga. Con todo, Álvaro mostrará a súa lealdade contándolle a Marcos as artimañas do alcalde.
Tomás está preocupado, pois non sabe nada de Celia. Pronto a moza volverá a Santalla para seguir de cerca os preparativos do xuízo no que está implicada.