Libro de familia
Capítulo 251: Can ou cadela
Santalla amence cun novo escándalo: o inspector que investiga o caso do invernadoiro atopou probas inequívocas de que o accidente non foi tal, senón que se trata dun caso de sabotaxe. Manuel e Tomás pescudan que o culpable está en casa dos Lamela, mentres que Pedro ameaza a Álvaro por deixar cabos soltos.
Pedro ofrece a Marcos que se asocien, cre que xuntos poderían facer grandes cousas, pero o mozo ten outras preocupacións in mente que intenta afogar aferrándose cada vez máis á bebida. A actitude de Marcos fai que María non queira nin collerlle o teléfono, sendo Óscar o seu pano de bágoas. A amizade entre os mozos de Vilariz está crecendo cada vez máis, e ameaza a relación
entre Marcos e María.
Doutra banda, don Venancio está preocupadísimo porque a herba do altar apareceu queimada. Pedirá axuda a Elías e, posteriormente, a Cosme dando pé a unha divertida situación que porá en evidencia a dona Elvira.