CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 250: Un homiño

06/03/2011 22:00 h

Os Cabanas gozan por fín uns días en familia coas inesperadas visitas dos seus fillos maiores, María e Pablo.

Pablo regresa do seminario feito todo un home, serio e responsable, do que todos se senten orgullosos, aínda que non poderán evitar que o paso do tempo reflectido no mozo fágalles sentir melancólicos, especialmente don Cosme, que ve como o seu neto deixou xa de ser "o seu neno".

Carmiña segue enfadada con Elías por dubidar dela pensando que tiña un amante. O taxista decide reconquistar á súa noiva facéndolle ver que pode ser tan manitas como o que máis, polo que se enfronta a don Cosme nunha divertida competición: o que constrúa mellor o novo somier de Pablo, obterá un premio por parte de Carmiña.

María leva fuxindo de Marcos desde que chegou a Santalla. Nin a súa nai nin dona Laura conseguen que os mozos fagan as paces. Finalmente terán que verse, pero a actitude de Marcos fai que a súa prometida regrese a Vilariz de xeito inesperado.

Mentres tanto, Pura recupérase do accidente e as mulleres intentan continuar coa súa rutina no invernadoiro tras o acontecido. Pedro encargouse de chamar a un inspector para denunciar que as traballadoras carecen de contrato, poñendo en graves apertos a Manuel, a Tomás e ao resto dos socios. Pero algo sorprendente agárdalles durante a inspección, o funcionario atopará indicios de que o accidente puido ser provocado.

Atopar capítulo por: