CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 249: Mira quen vén...

27/02/2011 22:00 h

Carmiña recibe unha chamada anunciándolle unha visita. Axiña comeza a preparalo todo para que estea perfecto cando chegue o seu invitado.

Elías ponse celoso ante as múltiples molestias que Carmiña está a tomar polo descoñecido polo que, xunto con Sara e Cosme, intentarán sonsacar de quen se trata. Pouco imaxinan eles que lles agarda unha grata sorpresa a todos. Marcos, confuso ante o comportamento de María, afoga as súas penas na bebida. Mentres, a directora sufriu un cambio de look que sorprende a todos, e
achégase cada vez máis a Óscar, o que enfurece excesivamente a Marcos.

Laura e Celia, cada cal polo seu lado, prestan axuda aos socios do invernadoiro e por fin os labregos poden empezar a recibir algo de diñeiro polo seu traballo. As mulleres seguen atarefadas coas flores, todo semella normal ata que un fatídico accidente cambiará o rumbo das cousas.

Atopar capítulo por: