CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 217: Con deportividade

18/04/2010 22:00 h

Pedro e Álvaro peléanse pola autorización de Román. O alcalde ofrécelle o que queira se lle da o documento; ameázao con chamar á Garda Civil e dicirlles que é cómplice de esconder a un delincuente e como ten antecedentes volvería ao cárcere. Así que Álvaro dubida e primeiro lle dí a Marcos que perdeu o papel, pero ó final cóntalle a verdade para que avise a Román e marche da pensión. Marcos xunto con Freire, Manuel e outros labregos preséntanse na casa de Pedro cando este queda co criado.

A Deli chégalle unha roupa nova para vender, o chándal, e pica a Elvira para que merque un a Senén. Así que fan un trato, Elvira comprométese a poñerlle o chándal ó seu marido para que a xente o merque, así o seu sáelle gratis, pero os veciños rinse de Senén.

María aproba as oposicións e ten que escoller destino, pero Tomás non quere axudala. Marcos, ponse moi celoso e vai a casa do fillo de Freire a rendirlle contas para que deixe de facer dano a María. Mentres, Sara asegúralle á súa filla que Marcos está namorado dela.

Deli segue anoxada con Freire e éste comenza a recordar cómo bota de menos a Inés, nai de Tomás, así que colle un álbum para ver fotos e pregúntalle ao seu fillo se segue viva.

Atopar capítulo por: