Libro de familia
Capítulo 216: Leite callado
Pedro enfóntase con Marcos por parala voda, Laura fala co seu fillo e confesa que está aliviada de que non se celebrase o casamento, pero que non o pode deixar na rúa. Mentres o alcalde segue insistindo en casar e eso faina estar incómoda ao seu carón.
Tomás, Manuel e Freire pensan en aumentalo terreo coas terras de Laura para poder cumplila normativa, pero o problema está en que Pedro é o que as rexenta. Pero van a súa casa de todas maneiras a falar con ela, así que se encontran co alcalde que non quere que Laura faga tratos con eles. Álvaro, pola súa parte, conta a Marcos o problema que hai cos invernadoiros e éste decide falar coa súa nai e cos labregos sobre as terras. Laura ó final faille caso ao seu fillo e éste manda a Álvaro cuns papeis para asinar uns permisos ao seu pai e cando volve con eles firmados atópase con que na casa só está Pedro e o empeza a interrogar.
Carmiña ve por primeira vez uns iogures, próbaos e encántanlle, pero son moi caros para mercar. Así que a Elías ocórreselle un negocio: que Carmiña faga leite callado e metelo neses botes para vendelos e sacar uns cartiños.
Marcos, pola súa parte non é capaz de decirlle a María o que segue sentindo por ela e comenza a recordar os momentos románticos que tiveron cando estaban xuntos.
Mentres Deli está moi amolada con Freire porque quere que deixe de traballar no proxecto do invernadoiro e que pase máis tempo con ela e co seu fillo; pero él non quere deixalo proxecto.