CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 215: Esvaróns

04/04/2010 22:00 h

Román tras levar desaparecido un tempo aparece por sorpresa na súa casa onde se atopan Pedro e Laura que quedan atónitos coa inesperada visita. A continuación diríxese á casa de Senén e Elvira, o que provoca en Senén un terrible medo, xa que lle ten pánico ó cacique. Román indícalles que lle garden o segredo da súa a aparición porque senón traeralles consecuencias graves. E por último vai a ver a Sara e a Carmiña ó Ultramarinos, cousa que as
deixa atónitas e pídelles tamén que non lle conten nada a ninguén.

Román reúnese co seu fillo e con Álvaro para falar do seu plan e despois marcha á pensión na que está hospedado. Mentres, Pedro segue ca idea de casar con Laura, pero a aparición do seu marido deixouna desconcertada. Álvaro escoita como o alcalde dice que se quere casar esa mesma noite sen que ninguén se entere, antes de que o cacique volva a aparecer, pero Laura non quere que sexa Don Venancio os que os case, prefire a un sacerdote doutra parroquia.

Acto seguido Álvaro informa a Marcos dos plans de Pedro e éste di que hai que truncala voda como sexa avisando o seu pai. Así que cando Román recibe a noticia chama a Laura amenazándoa, creando nela a dúbida de casar, pero Pedro obrigaa a chamar a un cura para celebralo casamento esa noite. Marcos pola súa parte fala coa súa nai e ésta convidao a ceremonia; mentres Sara, Carmiña, Senén e Elvira declaran ante o notario que viron a Román.

Atopar capítulo por: