Libro de familia
Capítulo 213: Un santo nada santo
Pedro comeza a súa andaina como novo alcalde de Santalla. Marcos retórcese de rabia ao saber que a súa propia nai, Laura, intercedera por Pedro ante o Gobernador para conseguir a alcaldía en detrimento do seu fillo.
Pedro pretende que Senén sexa a súa man dereita en todo o que concierne á xestión da alcaldía, o que o porá en situacións complicadas fronte aos veciños. Manuel e Freire cren que o novo alcalde é Marcos. A sorpresa é grandiosa e ambos se temen o peor. Ademais, Pedro non oculta o seu rancor, por moito que o disfrace da eficiencia e profesionalidade que cabe esperar do seu novo cargo.
Marcos está desesperado. Pedro estalle gañado a partida; ademais de ter a Laura obnubilada e perder a alcaldía, comeza a inmiscirse, cada vez máis, nos temas das terras da súa nai.
A Don Venancio cústalle Deus e axuda negociar con Elías a recollida dun santo. O taxista é duro de roer cando se trata de diñeiro. Enrola na misión a Carmiña e xuntos traen o santo no taxi de Elías. Como é demasiado grande ha de ir no teito. Pero ao pasar por un túnel,?, adeus santo. Terán que solucionalo ao máis puro estilo Elías-Carmiña, para desgusto de Don Venancio.
Tomás aínda non sabe nada acerca da elección do novo alcalde de Santalla. A noticia cóllelle de sorpresa en Madrid. Ha de regresar ao pobo rápidamente. Como está bastante apegado a Marga toma unha decisión que non vai gustar nada a María.