CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 212: Unha voz familiar

14/03/2010 22:00 h

Pedro está resultando un óso duro de roer. Sobre todo para Marcos.

Este segue presionando á súa nai para que salga da súa casa e para que se desvincule da familia dunha vez por todas. Pero por moito que intriguen Marcos e Álvaro, Pedro vaise gañando, cada vez máis a Laura. O Gobernador chama a Senén por motivos políticos. Non está ben que Santalla estea sen alcalde e é necesaria a presenza dun en tempos tan convulsos. Pedro e Marcos perfílanse como candidatos. A decisión pode estar en mans de Laura e será controvertida.

Os espíritos invaden Santalla. Sesións de espiritismo no pobo que Don Venancio non pode permitir. Cosme ten unha débeda pendente con Don Venancio respecto duns documentos que fai xa demasiado tempo debería haberlle entregado. Farao recorrendo ao máis aló. Pero o mundo dos espíritos tropezará coa realidade e co mundo dos vivos.

Tomás intenta convencer aos veciños da conveniencia de crear unha sociedade para sacar maior rendemento ás terras. Pero os problemas de Tomás non son só empresariais, senón tamén sentimentais. Parece demasiado tarde para que as cousas entre Tomás e María póidanse arranxar e volvan ser como antes.

Atopar capítulo por: