CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 210: Primeiros amores

28/02/2010 22:00 h

En Santalla todos lembran e contan os seus namoramentos, pero son os do párroco D. Venancio os que suscitan máis morbo.

Os protagonistas da nosa historia conversan nostálxicos no bar sobre os seus amores antigos, e ata D. Venancio dá a entender que hai moitos anos el tamén estivo namorado, algo que suscita a curiosidade de Milucho, disposto a facer todo o posible por sacarlle o conto... Resulta que os amores do párroco darán pé a falar moito en toda a vila, así como as ocorrencias de Senén, que
pretende mediante unha pantomima poñer a proba a castidade do cura. Namentres, Carmiña está desilusionada porque Elías apenas ten detalles con ela, e o taxista, parvo, interpreta que cun sinxelo ramo de flores de plástico vai poder xa conseguir todo de Carmiña.

Noutro lugar, Manuel e Freire enfróntanse a un dilema: non poden aceptar as terras de Laura porque saben de boa tinta que as obras do encoro se van paralizar, pero por outro lado tampouco queren prexudicar a súa boa amiga. Amais, a relación entre Laura e Marcos cada vez se complica máis e Pedro intentará sacar beneficio do seu enfrontamento...

Atopar capítulo por: