Libro de familia
Capítulo 209: Miradas poderosas
Toda a vila de Santalla amence abraiada polos poderes dun tal Uri Gheler que ten en vilo a todo o mundo, e isto fai que se propague a fama e que Senén descubra que tamén ten poderes mentais que lle permiten cambiar a realidade. De feito, comeza a ter medo dos seus poderes por se acaso non os pode controlar, mentres que outros xa pensan en como tirar beneficios económicos.
Doutro lado, Tomás está disposto a amosar o seu arrepentimento polas súas actitudes no pasado e quere axudar o pai e os veciños de Santalla desde o seu despacho de Madrid, concretamente a través de Freire e de Manuel, para que Pedro caia na trampa que lle están a preparar e poder así recuperar as súas terras. Pero non será doado facer que Pedro non se decate da trampa, e amais
tanto Freire coma Manuel senten que tamén están a enganar a Laura. Namentres, a dependencia de Laura por Pedro vai en aumento e el, consciente do poder que exerce sobre a mestra, explótaa ao seu favor. Pero Marcos deixa claro que non vai deixar que ninguén pase por riba da nai nin do seu patrimonio e recorrerá, se é preciso, a tratos co mesmo demo con tal de impedir que saia coa súa.