CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 208: O medo é libre

14/02/2010 22:00 h

Despois da morte de Franco, El Rei anuncia polos medios de comunicación o indulto para os presos políticos, un asunto que resulta controvertido en Santalla, pois os máis novos, xunto cos do espírito libre, amósanse a favor da medida e tranquilos, mentres que Elvira e don Venancio son
remisos a tal decisión, sobre todo movidos polo medo.

Esta psicose vese incrementada pola aparición de Chinto, un preso político que acaba de ser liberado e que acode a Santalla causando máis dun susto a don Venancio e a Elvira. De feito, imos asistir neste capítulo a momentos en que a condición humana amosa o seu lado máis mesquiño motivado polo medo, o pánico ao descoñecido, ao novo... aínda que sexa a custa dun inocente.

Por outra parte, Freire explícalle a Manuel o seu plan para tenderlle unha trampa a Pedro e así poder recuperar as terras: coa axuda de Tomás e a inocencia de Laura farán que Pedro crea que o encoro se vai construír de tal xeito que, pola súa avaricia e mala idea, terminará devolvéndolles aos campesiños as súas terras.

Atopar capítulo por: