Libro de familia
Capítulo 206: Sentido pésame
Laura está contentísima pola volta do seu fillo. Marcos fíxose un home e xa é un señor avogado. Ao fin, parece que madurou. Álvaro tamén ten os seus motivos para alegrarse pois espera que con el a sombra de Pedro desapareza para sempre. Pono ao tanto das súas sospeitas respecto das malas artes de Pedro e a súa pretensión de conquistar a Laura. A fuxida cara adiante de Pedro respecto ao asunto do usufructo pódelle custar cara coa presenza de Marcos e os seus coñecementos de leis.
María volveu a Santalla bastante decepcionada do seu periplo madrileño. Grazas a Marga, claro. Esta non desaproveita a súa posición desde a que pode filtrarlle información a Tomás, ou máis ben, desinformarlo respecto do que ocorre en Santalla.
Franco morreu. Todos quedan moi impactados pola morte do ditador. Elvira propón facer algo. Farán unha novena e unha colecta para honrar a súa morte como Deus manda. Cosme négase en redondo a participar. A colecta non ten moito éxito así que terán que facer unha coroa eles mesmos. Cosme aproveitará a situación para honrar tamén á súa defunta esposa.