CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 205: Espantallos

24/01/2010 22:00 h

María márchase a Madrid. Os seus pais discuten sobre a conveniencia e o motivo da viaxe. Os tempos están cambiando. Ante a preocupación de Manuel, Freire faille recoñecer a prudencia da súa filla, así como a súa madurez.

María, ao chegar á oficina de Tomás, atópase con Marga, a súa secretaria. Esta fará todo o posible para chafarlle á moza a súa estadía na capital, pois tamén Marga está interesada en Tomás. Este non se decatou do interese que a súa secretaria sente cara a el pois o seu corazón segue pertencendo a María. Pero Marga non quedará cos brazos cruzados.

A Pedro, por agora, saíulle o tiro pola culata. Os campesiños non lle venden o usufructo e Laura non parece moi interesada no tema. Intentará conquistala para tela completamente á súa mercé e poder sacar tallada.

Carmiña foi a vender mazás. Este ano hai boa colleita. Ela repártese os beneficios con Elías sen o consentimento dos Cabanas. Non teñen intención de contarlles nada. Como Don Venancio os viu en Vilariz vendendo todas as mazás, chéirase que están intentando estafar a Manuel e a Cosme e, a cambio do seu silencio, pídelles parte do negocio. Milucho decátase do chanchullo e cóntallo a Cosme. Mentres, Carmiña, como ten diñeiro fresco, endebédase por unhas toallas. A cousa léase porque Cosme quítalle o diñeiro que realmente lle pertence. Así que Carmiña vese sen cartos e cunha conta pendente que saldar.

Para recuperar o diñeiro Elías ten unha ocorrencia que lles custará realmente cara.

Atopar capítulo por: