CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 204: Santalla cañí

17/01/2010 22:00 h

María segue nerviosa por non recibir noticias de Tomás. Unha vez máis, pídelle consello á súa tía Deli. A moza cre que Tomás xa non está interesado nela. Deli chama a Tomás á súa oficina de Madrid e charlan un intre sobre Armandiño e María. Ao comentarlle que María o chamou o día anterior Tomás dille que Marga, a súa secretaria, non lle pasou o aviso. El chamará a María.
Confésanse o seu amor e el pídelle que vaia velo á capital.

A oferta de Pedro de comprar o usufructo fai que Freire e Manuel acaben discutindo chegando a rozar o persoal. Manuel está cansado de loitar polos demais. É momento de mirar polos seus. Freire fará o imposible para que Manuel non venda e continúe loitando. Recorrerá a Cosme sen que Manuel o saiba. Mentres, Pedro anda pondo o mel nos beizos aos campesiños co diñeiro rápido que suporía a venda do usufructo. Milucho advírtelles das consecuencias de optar por esa vía.

Don Venancio quere recadar diñeiro para axudar aos campesiños. Unha cousa leva á outra e finalmente organizan un concurso en grao sumo cañí: unha proba de chotis. Elvira, Carmiña, Elías e Senén competirán ferozmente para gañar.

Atopar capítulo por: