CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 203: Hixiene bucal

10/01/2010 22:00 h

Laura está moi contenta polo labor realizado no campo axudando aos campesiños para que recuperen as súas terras. Pronto a poñen ao tanto das desfeitas realizadas nos campos. Queda petrificada e desconcertada. Pedro ten que facer malabares para poder conseguir os seus ambiciosos obxectivos e estar a ben con Laura. Ten que seducila, xa que é unha muller fráxil, para manipulala e operar así ás súas anchas na contra dos labradores. Pero non lle vai resultar doado ao avogado conseguir as terras.

A Elías estalle pasando algo terrible. Cáenselle os dentes coma se de pedras se tratase. Ao principio hai algo de broma respecto ao asunto pero cando lle din que pode ser por falta de hixiene bucal, uns cantos máis comezan a preocuparse da súa dentadura. Máis que nada porque non saben nin como utilizar un cepillo de dentes. Sobre todo, Don Venancio.

Como o pobre taxista quérelle enviar unha foto á súa querida Rosamari, angústiase porque apenas lle quedan dentes sans. Pídelle a Cosme unha dentadura postiza. O problema é que, quizais non lle sirva.

Ao chegar Deli de Vilariz, ademais de porse ao tanto de todo o ocorrido, nota que a súa sobriña, María, non se atopa moi animada. Cre que Tomás xa non se acorda dela. Deli anímaa a que tome a iniciativa e a chamalo. Ao facelo non pode falar con el porque non está. Déixalle o recado á súa secretaria, Marga.

Manuel comeza a dar síntomas de cansazo logo de tanta loita e tanto enfrontamento. Dubida de estar facendo as cousas correctamente. Pedro faralle unha oferta que, quizais, non poida rexeitar.

Atopar capítulo por: