Libro de familia
Capítulo 202: De sol a sol
Os veciños seguen enfrontados polas terras. Por unha banda, Manuel e Freire pretenden seguir adiante co seu plan de seguir traballándoas, facelas produtivas outra vez e sacarlles rendemento. Marcial e os demais que venderon á compañía non o pensan consentir. Comezan as ameazas e os feitos consumados. Outros pensan que haberá unha repartición de capital entre os veciños. Levarán un enorme chasco cando do que realmente se trata é de ferramentas para traballar as terras.
Franco agoniza en Madrid. As noticias voan respecto ao estado do caudillo. Como nin Don Venancio, nin Elvira nin Elías queren traballar no campo chegan a un acordo para retransmitir as noticias sobre o estado de Franco.
O diñeiro que deixou Tomás é motivo de discusión entre Laura e Pedro. Ela móstrase máis razoable e quere axudar aos campesiños, mentres que el móstrase moito máis ambicioso e pretende que a mestra reclame o que lle corresponde. María, antiga alumna, amiga e confidente, anímaa a que tome as súas propias decisións e que se enfronte a Pedro. Este vai mostrando aos poucos o seu verdadeiro rostro, cada vez máis parecido ao de Don Román.