CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 201: Un home de palabra

27/12/2009 22:00 h

Tras conseguir parar as máquinas no cemiterio só cabe preguntarse quen foi capaz de xestionar un asunto tan complicado en tan curto prazo.

Unha maleta en casa de Laura sacaraos de dúbidas. Pedro conseguiuno pero a súa volta ao pobo non vai ser do todo agradable para algúns pois comezará a furgar en asuntos que poden acabar enfrontando a persoas que loitaron xuntas por unha mesma causa e ás que lles une unha forte amizade.

Como o carteiro do pobo está suspendido do emprego, Senén nomea a Elías carteiro oficial de Santalla. Entrégalle un manual que se aprenderá de memoria e ao seu xeito. No momento en que ha de facer entrega dun paquete a Elvira, ao non atoparse ela na casa, négase en redondo a darllo a calquera outra persoa.

Do interior do paquete vén un estraño TIC-TAC que esperta a imaxinación do taxista-carteiro, tamén azuzada polos outros, ata crer que se trata dunha bomba. Como o seu código deontolóxico impídelle abrir o paquete seguirá con el ata que a bomba estale ou Elvira o reclame.

Coa lea das chaves da casa de Tomás acabamos con Elvira encerrada na casa do fillo do indiano. María deixáraa alí como escarmento e para facerlle unha especie de chantaxe...

Atopar capítulo por: