CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 200: Santos lugares

20/12/2009 22:00 h

A marcha de Tomás do pobo traerá unhas consecuencias inesperadas para todos.

Para María un infinito desconsuelo que lle fará reformularse a súa vida por completo. Para pór pé en terra firme centrarase, por agora, na loita contra a construción do encoro.

Para Freire e Manuel, a saída de Tomás do pobo significa un enorme desconcerto e un maletín cheo de cartos que destinarán a seguir coa súa cruzada contra o encoro. Freire, pola súa banda reflexiona sobre a relación co seu fillo nos últimos meses.

Para Elvira, Tomás non é máis que un miserable que se marchou sen abonar todo o que debía no bar. Milucho fará que cambie de parecer, pois o fillo do indiano deixou dous sobres no bar. Un para María e outro para Elvira. O rapaz confúndese e entrega o sobre equivocado á súa tía o que terá unhas consecuencias asombrosas.

Elvira aprópiase da casa de Tomás, pois cre que lle deixou a casa en compensación polas súas débedas e porque estaba locamente namorado dela. A fantasía de Elvira dispárase tanto que acaba créndose unha sex symbol. Pero as leas non terminan aquí xa que coa irrupción de Elías en casa de Tomás todo complicarase moito máis.

O obispado pide que se lles envíe por escrito as peticións do pobo respecto da inundación do cemiterio. Dispón de moi pouco tempo xa que os prazos son moi curtos e os asuntos eclesiásticos van bastante lentos. Laura axudará na redacción do documento que será enviado coa maior rapidez.

Polo seu valor e lealdade, Laura deixou a Álvaro instalarse en casa de novo.

Atopar capítulo por: