Libro de familia
Capítulo123: Un anaco de esperanza
Para os Cabanas e os Freire faise cada vez máis difícil descubrir toda a verdade sobre o secuestro de Armandiño e a implicación de D. Román neste asunto. Pero Manuel non se da por vencido, e decide ir a visitar a Gloria ó cárcere coa esperanza de conseguir a confirmación de todas as súas sospeitas.
Mentres tanto os Freire tentan localizar por tódolos medios, un avogado que se atreva a enfrontarse a D. Román, pero non o conseguen. A solución a este problema, pode vir da man de Cosme, quen garda en segredo unha historia que poder cambiar o curso dos acontecementos.
Don Venancio ten certos problemas de incontinencia. Acaba sendo obxecto de comentarios e burlas na vila, pero a cuestión é se será suficientemente sensato como para acudir a un especialista ou seguir coa súa doenza en silencio.