CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo113: Cousas de homes

11/11/2007 22:00 h

O neno segue con febre. A chamada do pediatra a Freire crea esperanzas na familia. Don Román desconfía de Gloria e manda Álvaro a Coruña para investigar o asunto. Gloria tenta convencer a Álvaro para traizoar a don Román e, cobralo rescate pola súa conta. Fanlle unha foto ó neno para enviarlla a Freire. Cando Freire descubre a foto que Álvaro deixou no almacén, de novo renacen as esperanzas. Sen embargo, Román perde os nervios e marcha á Coruña.

María está preocupada, non se atopa moi ben, poida que estea embarazada. Será Carmiña a que a saque de dúbidas, pois ela encárgase de lavalos panos e leva a conta das menstruacións das mulleres da familia.

Tras unha noite de paixón de Laura con Tomás, Marcos descubre unha marca no colo da súa nai. Ela o disimula poñendo unha escusa e o tapa cun pano. Non se arrepinte do que fixo, pero teme ás faladurías e á reaccción do seu marido. Laura, algo confundida, aproveita un encontro con Tomás e o seu marido, para gañarse o respeto de Román, botando da súa casa ó fillo do indiano.

Elías conseguira certos artículos procedentes de Andorra e intenta facer negocio con seus veciños. Ó principio todos se burlan del, pero pronto comezan a interesarse, sobre todo polos preservativos que acaba por colocarll a todo o mundo pese ás airadas protestas de Don Venancio.

Atopar capítulo por: