Zigzag diario
Álex Casanova / Sokram / Villanueva / Radio Pesquera /Frank Zappa
Entrevista a Álex Casanova, que acaba de publicar o seu primeiro disco “Antagonasia”: pop electrónico no que unha música luminosa e alegre convive cunhas letras que tenden cara á escuridade. O artista pontevedrés Álex Casanova declárase herdeiro do legado e do imaxinario sonoro e estético de Tino Casal.
Percorrido polos próximos concertos previstos en Galicia: Sokram; a banda viguesa Villanueva, que está presentar o seu debut discográfico, titulado “Viajes de ida”; e Radio Pesquera, proxecto co que Pablo Novoa e Nono García unen a súas guitarras eléctrica e española para embarcarse nunha viaxe sonora a través das súas composicións.
A sección “Fondos Reservados” estará dedicada este mércores á autobiografía do compositor, guitarrista, cantante, produtor discográfico e director de cine estadounidense Frank Zappa, que, 25 anos despois da súa publicación orixinal, se traduce por primeira vez ao castelán. Nestas sinceras e burlonas memorias, que o músico escribiu en 1989, percorre a súa carreira, os seus matrimonios e os seus problemas cos políticos e a xustiza.