CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Ledicia Costas / "A praia dos afogados" / Tres azoteas

11/10/2015 00:45 h

A novela “Escarlatina, a cociñeira defunta”, da galega Ledicia Costas, foi a galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil outorgado polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte. Esta literata estará hoxe como convidada en “ZigZag Eirado”, onde compartirá as súas experiencias sobre o galardón coa audiencia. 

Na habitual sección de cine, o equipo do programa falará da estrea do filme “A praia dos afogados”, baseado na novela de Domingo Villar. O espazo tamén dará conta da longametraxe do chileno Pablo Larraín “El Club” e de “Yo, él y Raquel”, dirixida por Alfonso Gómez-Rejón. 

No apartado da música, Moncho Lemos proporá o grupo Tres Azoteas, unha formación coruñesa de jazz que está conformada por Miguel Queixas, Pablo Pérez e Iago Mouriño. Estes artistas presentan un repertorio de composicións propias que non renuncia a conectar co rock e pop. Xunto a estes, tamén haberá outras propostas musicais. 

Atopar capítulo por: