CRTVG

Buscar

Labranza

Labranza

16/10/2011 13:45 h

A primeira parada da Labranza levaranos ata A Pobra do Brollón. Alí atópase a "Finca Robles", un centro de investigación agrogandeira con máis de 70 anos de historia. Entre os traballos que se desenvolveron desde os anos 40 destacan os ensaios con pratenses, a práctica do ensilado, a mellora xenética do gando vacún e a introdución da inseminación artificial, todas estas prácticas descoñecidas no mundo agrario da metade do século pasado. Repasaremos a historia deste centro co apoio dunhas imaxes recuperadas recentemente polo Ministerio de Agricultura.

Despois falaremos de viño. A produción vitivinícola galega concéntrase principalmente nas zonas amparadas polas cinco denominacións de orixe que hai na actualidade. Non obstante, o cultivo da vide conseguiu sobrevivir en certas comarcas de Galicia máis illadas, que despois de séculos de anonimato están a loitar por recuperar un patrimonio que forma parte da súa historia. Aproveitamos a vendima deste ano para coñecer un pouco máis unha destas zonas: Negueira de Muñiz. Coñeceremos os viticultores que están a loitar por recuperar o viño e a vida neste concello, o menos habitado de Galicia, situado detrás das montañas dos Ancares

Atopar capítulo por: