CRTVG

Buscar

Labranza

Labranza

23/10/2011 13:45 h

No labranza deste domingo falaremos da época dourada do lúpulo galego, e para iso emitiremos imaxes de documentais gravados aquí nos anos 50 e 60.

Son imaxes que amosan os medios de cultivo cos que se contaba daquela, cando os traballos se facían a man e as mulleres escollían dez quilos de flores frescas ao día. Daquela había en Betanzos unha gran factoría para procesar o lúpulo, un cultivo intervido e fomentado polo Ministerio de Agricultura. Malia que houbo melloras técnicas, as esixencias de calidade eran cada vez maiores e outros sectores comezaron a demandar man de obra, así que o cultivo do lúpulo en Galicia comezou o seu declive. Pero este domingo tamén falaremos do seu rexurdimento.

Repasaremos os traballos para recuperalo, que comezaron en 2004, resultado da colaboración do centro de investigacións agrarias de Mabegondo coa cervexeira Estrella Galicia. En menos dunha década, xa se fixo o traballo de escolla de variedades; introducíronse melloras técnicas no cultivo, hoxe mecanizado; e pechouse o ciclo de produción con instalacións para procesar a colleita e servirlla directamente á fábrica. Ademais, xa temos unha cooperativa de produtores que foron estendendo o cultivo por distintas localidades galegas.

Atopar capítulo por: