CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Juanjo Giménez, Play-Doc e “Alén dos Xéneros”

23/02/2017 21:00 h

Cando faltan tres días para a celebración dos Óscar,  “Zigzag Diario” pulsará as sensacións coas que espera a gran cita da industria cinematográfica o cineasta Juanjo Giménez,  candidato a recibir a estatuíña á mellor curtametraxe de ficción por “Timecode”. 
O programa tamén repasará as novidades sobre o Festival Internacional de Documentais Play-Doc que se desenvolverá do 22 ao 26 de marzo en Tui. 
Ademais, o espazo cultural da Televisión de Galicia propón aos espectadores unha visita á exposición “Alén dos Xéneros” que pode verse no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata xuño. A comisaria da mostra, Ánxela Caramés, visitará o estudio para comentar os detalles da exposición que reúne unha selección de obras que abordan as cuestións de xénero.

Atopar capítulo por: