Zigzag diario
Juan Creus, Javier Vallhonrat e Xurxo Gómez-Chao
24/11/2015 21:00 h
O arquitecto ceense Juan Creus, acaba de ser galardoado co Premio de Arquitectura 2015 da Fundación Juana de Vega pola súa obra “Casa Chao”. Unha edificación situada na zona histórica da vila de Corcubión. Este arquitecto vén hoxe ao “ZigZag Diario” para explicar cales son os puntos claves desta obra mestra.
O programa achegarase amais á exposición do fotógrafo Javier Vallhonrat, que está agora mesmo no CGAC. Esta exposición englóbase baixo o título “Interacciones” e está feita en lugares de montaña baixo condicións meteorolóxicas extremas. Outro dos contidos de hoxe levará o equipo ata a cidade da Coruña, máis concretamente ao MoretArt, onde o artista Xurxo Gómez Chao expón unha obra a cal define coma “dualidade”.