CRTVG

Buscar

Zigzag diario

José Suárez, “Isto non é unha pipa” e “Somos espazo”

05/01/2016 21:00 h

O Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, acolle unha exposición do fotógrafo galego José Suárez, unha mostra que reúne máis de 200 fotografías e 150 obxectos persoais deste célebre artista. Un dos comisarios desta exposición, Xosé Luís Suárez, estará hoxe no “ZigZag Diario” para comentar os detalles da exposición. 
E continuando co tema das tendencias, o programa ofrecerá hoxe unha reportaxe sobre a exposición “Isto non é unha pipa”, que se pode visitar no Museo de Arte Contemporánea Fenosa na Coruña. Esta mostra ten a autoría de Lino Lago, un artista galego residente en Lituania. 
A segunda reportaxe é un recordatorio, xa que o próximo 10 de xaneiro remata a exposición “Somos espazo” no Pazo da Cultura de Pontevedra, unha presentación que perpetúa a histórica simbiose entre a arquitectura e a arte.

Atopar capítulo por: