CRTVG

Buscar

O gato con botas

José Ramón González-Juanatey

09/06/2016 23:30 h

O equipo que lidera no CHUS este profesional foi recoñecido como o mellor servizo de cardioloxía de España durante tres anos seguidos. Non só isto avala os seus éxitos e traballo, senón que tamén foi elixido médico do ano e presidente da Sociedade Española de Cardioloxía.
O doutor Juanatey é competitivo ao extremo. Tamén no deporte. Tenista disciplinado, foi campión galego nesta disciplina. Moi estrito coa súa dieta e apaixonado da actividade física, porá a proba a resistencia de Manquiña correndo e xogando ao tenis.
O profesional contará para a Televisión de Galicia como conseguiu esquivar o seu destino: traballar no mar, para converterse nun dos mellores cardiólogos do mundo.

Atopar capítulo por: