Land Rober Tunai Show
José Corbacho estivo cos Gorrillas e mesmo nos contou segredos inconfesables
13/10/2016
Un dos personaxes máis imprevisibles e trasnos do audiovisual español animou a noite do 'Land Rober Tunai Show'. A sorpresa e o espectáculo estiveron asegurados nun programa que contou co gran José Corbacho. Que pasa cando se xuntan nun mesmo estudo de gravación dúas boas pezas coma Roberto Vilar e este coñecido e orixinal showman catalán? Pois paga a pena botarlle un ollo. E é que Corbacho xogou ao “Quen vés sendo…” e ao pimpón. Ademais, falou dalgún dos seus segredos máis inconfesables e fixo un skectch cos Gorrillas.