Land Rober Tunai Show
Xosé Barato, Federico Pérez e Duulcedeleche
Este mércores á noite o “Land Rober Tunai Show” recibe a visita dos actores José Barato e Federico Pérez, que presentarán o novo programa da TVG “Desafío nos Fogóns” e ademais achegaranlle ao programa sorpresas e moitas risas.
O programa tamén recibirá hoxe unha das videoblogueiras máis famosas do panorama estatal, Carlota Núñez, máis coñecida coma Duulcedeleche. Con só 21 anos, esta coruñesa, visionaria da moda e da beleza, xa conta con máis de 60.000 seguidores no seu canal de Youtube..
Coma sempre, “Land Rober Tunai Show” contará coa participación de Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o propio Roberto Vilar, que se verán envoltos en enxeñosas historias que irán desde un novo episodio dos “gorrillas” delincuentes ata unha declaración máis que amorosa nun cuarto de baño, pasando pola historia dunha famosa cantante que se entra nun típico bar galego.