CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Jorge Coira, “Isla Bonita”, a axenda das escénicas, Musel e Malandrómeda

11/02/2016 21:00 h

 O cinema galego está de parabéns, xa que “O Descoñecido” de Dani de la Torre acadou dúas estatuíñas na trixésima edición dos Premios Goya. O “ZigZag Diario” fará hoxe unha gran celebración dos dous galardóns conseguidos por desta produción participada pola TVG. 
Como a actualidade o demanda, o entrevistado de hoxe é Jorge Coira, que recibiu o Goya á mellor montaxe polo seu traballo en “O Descoñecido”. Coira falará da ledicia que lle supón ter acadado un premio de tal magnitude. 
Aínda que o espazo da tvG2 tampouco esquecerá os outros proxectos con presenza galega que pisaron a alfombra vermella. Ademais, falará de “Isla Bonita”, con Fernando Colomo, que estivo ás portas da estatuíña na categoría de actor revelación.
En canto ao resto de contidos do programa de hoxe, cabe salientar a axenda das escénicas de Galicia, onde se recollerán todas as propostas teatrais desta fin de semana e tamén o peche do festival “Escenas do Cambio”. Hai que destacar tamén a presentación do novo disco de Musel, “Raiolo” e a estrea do último vídeo musical de Malandrómeda

Atopar capítulo por: