Zigzag diario
Javier Marcos, Lingua Nativa, Alberto Vilas e George Martin
16/03/2016 21:00 h
Javier Marcos, voz galega de jazz, vén ao estudio de gravación para ser entrevistado co gallo da saída do seu novo disco ao mercado.
O nacemento dunha nova empresa cultural sempre é unha boa nova e por iso o equipo do programa dedicaralle unha reportaxe a Lingua Nativa, un selo discográfico que acaba de nacer na cidade de Vigo.
Tamén no programa de hoxe, os espectadores terán a oportunidade de gozar dun adianto das primeiras notas do novo traballo de Alberto Vilas, compositor e pianista de jazz. Ademais, como en cada edición musical do “ZigZag Diario”, Moncho Lemos traerá os seus “Fondos Reservados”, nesta ocasión cunha lembranza ao “quinto Beatle”, George Martin.