CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Javier Gutiérrez, “Escolma de Cinema Galego” e “Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra”

25/02/2016 21:00 h

O actor ferrolán Javier Gutiérrez, presente no elenco do filme “O Descoñecido” e noutras produccións a nivel nacional, vén hoxe como convidado ao “ZigZag Diario” para comentar e falar da obra “El Rey”, de Teatro del Barrio, dirixida por Alberto San Juan. Guitérrez volve á súa terra para representar esta peza no Teatro Colón da Coruña.  O cinema dos xoves continuará cunha reportaxe sobre nove olladas de vangarda para a primeira “Escolma de Cinema Galego”. Sarria convértese nunha fiestra que transita desde o local ao global. O equipo do programa falou cunha das participantes, Jaione Camborda, que presenta “Proba de axilidade” nun working progress do seu novo traballo, centrado na Rapa das Bestas.
Outra reportaxe prevista para o programa de hoxe ten como protagonista a Margarita Ledo. A profesora e xornalista presenta a curtametraxe, en clave documental, “Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra”, un filme do ano 2005 que se reedita agora en formato Libro DVD a xeito de aproximación íntima á figura de Manuel María, poeta chairego que, neste 2016, será homenaxeado no Día das Letras Galegas

Atopar capítulo por: