Zigzag-Eirado
Iria Peña / Francisco Fernández Rei / Cine producido en Galicia
Moncho Lemos traerá unha sección chea de boa música e cantantes. A proposta de Lemos é Iria Peña, cantante compostelá con formación en música clásica e música tradicional galega. Pero o curiosos dela é que é unha cantaora de flamenco
Por outra banda, no estudio de gravación estará o académico, profesor e escritor Francisco Fernández Rei para presentar o seu derradeiro traballo literario “Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa”.
O equipo do programa preparou unha reportaxe en que falarán da situación actual do cine que se produce na nosa comunidade. E sen cambiar de ámbito, tamén terán a presentación dos filmes “Apóstata”, en que actúa a actriz viguesa Marta Larralde, e “Regresión”, o último traballo do español Alejandro Amenábar.
E na sección de música de Marta Gómez, falarase de grupos emerxentes do panorama musical galego, como Carreiro Bianco, activo dende o ano 2009 e con tres discos no mercado, ou o trío Phantom Dragsters, que cultiva o xénero Insto-Surf por diferentes salas da nosa comunidade.