Zigzag diario
Iria Collazo, Dolores Redondo, Paco Martín e Siniestro Total
Marta Gómez entrevista a Iria Collazo, promotora de eventos culturais, profesora no IES de Moaña e autora de “A soidade das medusas”, o seu último traballo, que edita Galaxia.
Zigzag ofrece unha reportaxe sobre o último libro de Dolores Redondo. “Todo esto te daré”, co que gañou o premio Planeta. A autora está estes días a presentar por terras galegas esta novela, que, ademais, está ambientada na Ribeira Sacra.
O programa tamén conversa con Paco Martín, autor do libro “De paraugas”, unha serie de relatos curtos cheos de humor e fantasía arredor do familiar instrumento que nos gorece da chuvia.
O programa inclúe unha retrospectiva dos trinta e cinco anos do grupo Siniestro Total e outra reportaxe sobre a actual xira que o gaiteiro Carlos Núñez está a realizar por Galicia e España, vinte anos despois da publicación do seu primeiro álbum “A Irmandade das estrelas”.