CRTVG

Buscar

Ti que tocas?

Irene, Fil, May e Xan

09/02/2014 10:45 h

   O espazo programa vai ao encontro de Irene, unha terapeuta ocupacional ourensá, que ten unha curiosa horta caseira e que patina como os anxos. Pero o que máis a apaixona é tocar o saxofón xunto ao seu grupo The Tetas Van, que ten unha cita importante no San Pedro. Pola súa parte, Fil, un fotógrafo de Ribeira, conserva na súa casa a maxia da fotografía analóxica e o seu soño é tocar reggae nas rúas de Compostela.

   Coñecemos tamén a May, unha profesora de baile tradicional e de gaita por skype. Xunto á súa familia, mantén viva a Agrupación Breogán Valle Miñor, que se prepara para ofrecerlles unha benvida moi especial aos visitantes estivais en patos. O último protagonista desta nova edición do programa é Xan, un actor e cantautor da Baña moi especial, que está a preparar a presentación dun novo disco.

Atopar capítulo por: