Galegos
Inmaculada Paz Andrade
24/05/2014 20:30 h
A científica Inmaculada Paz Andrade fala do que lle é propio e do que nos é común a todos.
Paz Andrade estudou Química por decisión familiar, non por vocación. Despois comezou a gustarlle e chegou a ser unha referencia europea no estudo da calorimetría, unha ciencia que estuda as variacións ínfimas de temperatura e os efectos que producen estes cambios. Isto ten múltiples aplicacións prácticas, desde a industria conserveira ata a separación dos diferentes derivados do petróleo.
A protagonista do “Galegos” afirma que o saber científico non é aplicado como debera polos gobernos, non admite que ao coñecemento se lle poidan poñer barreiras e recoméndalles aos futuros investigadores que saian fóra e que vexan outras formas de traballar.