CRTVG

Buscar

Imos navegando

Imos navegando 13, con Lucía Pérez

25/06/2022 20:00 h

En Belesar, amencendo, o noso presentador Rubén Prieto atópase coa cantante Lucía Pérez. Con ela percorrerá, neste episodio de 'Imos Navegando', a penúltima etapa desta aventura, entre a localidade de Belesar e a cidade de Lugo.

Antes de chegar á cidade amurallada, visitarán lugares como a antiga Portomarín, falarán de pasado e de futuro, e prepararanse para unha actividade na cal Lucía terá que concentrarse en manter o equilibrio.

Atopar capítulo por: