Imos navegando
Imos navegando 12: Con Rosa Cedrón
                        
                        18/06/2022 19:00 h                        
                        
                    
                                    
                Neste episodio de Imos Navegando, Rubén Prieto arranca a xornada desde Ourense, acompañado pola cantante Rosa Cedrón. Ao longo do día, pasarán por lugares como Os Peares ou a Praia da Cova e gozarán de vistas sen igual sobre a Ribeira Sacra ata chegar ao destino final da viaxe: o fermoso pobo de Belesar. Rubén ten preparada unha sorpresa para Rosa, unha actividade pola que ela ten paixón.