Imos de feira
Programa 36: Ribadavia
28/05/2023 15:30 h
Hoxe no 'Imos de feira' viaxamos ata Ribadavia, vila ourensá pertencente á comarca do Ribeiro. Conta cunha gran feira que se celebra os días 10 e 25 de cada mes, a non ser que caian en domingo ou festivo, que se fan o día anterior.
Nesta ocasión, concursan con nós Benito e Raquel. Un deles poderá optar aos catrocentos euros que reparte Javier Varela, e o outro poderá degustar unhas boas tapas con Rafa Durán mentres xoga por douscentos euros. Ao final, o gañador poderá gastar o seu premio nun negocio local.
Hoxe en Ribadavia temos unha tenda de alimentación, unha agrotenda, unha moblaría, unha tenda de roupa… e centos de postos na feira.