Imos ao choio
A casa de Marta
21/01/2024 22:45 h
Neste episodio de ‘Imos ao choio’ Inda e Julio enfróntanse a unha situación que parece sacada dunha película. Nada máis chegar, atópanse coa escena dun crime. E despois diso, todo vai a peor: unha propietaria con cambios de humor repentinos, unha tía que vén disposta ao que sexa pola súa sobriña, e unha historia de desamor (ou non) que non ten máis que altos e baixos. A reforma parece fácil, pero este encargo vai ser unha verdadeira montaña rusa de emocións. Menos mal que Inda e Julio o toman con certo humor, e non van desaproveitar ningunha ocasión de divertirse.