Un país en 360
Parque Nacional das Illas Atlánticas
26/01/2020 20:00 h
Neste programa visitaremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Estíbaliz Veiga fará esnórquel nas Cíes, percorrerá Ons da man do seu último habitante e achegarase a pé ata a illa de Cortegada xunto a unha mariscadora. En Sálvora, revivirá o naufraxio do Santa Isabel, a maior traxedia marítima da historia de Galicia. Tamén descubrirá a explotación dos recursos do mar visitando unha batea e percorrendo as salas do Museo Massó de Bueu.