CRTVG

Buscar

Vaia troula

I Feira Gastronómica “Pulpo no Camiño” en Melide e outras festas

19/05/2013 22:30 h

Nieves Rodríguez saúdanos desde Melide, onde organizan a I Feira Gastronómica “Pulpo no Camiño” e para esta ocasión está acompañada da música das orquestras Marimba e Trébol e da artista María Chenlo.

 Pero a troula tamén chega desde outras celebracións galegas que visitaron ao longo da semana as reporteiras. Paula Señarís estivo no concello de Valdoviño para inaugurar a Feria Medieval; achegouse ata Oroso para participar no concurso de pesca e xantar na XVII Festa da Troita e por último estivo competindo en Vimianzo na carreira de carrilanas que se celebra desde 1991.

Alicia Lombán non quixo perder a romaría de Raigame, en Vilanova dos Infantes; as festas patronais de San Miguel de Deiro no concello de Vilanova de Arousa e o trío de festas que se celebran en Salceda de Caselas como a Festa do Polbo, a Festa do Bacallau á Brasa e a Festa da Angula.

A reporteira Olaya Rivas estivo celebrando o patrón dos panadeiros, san Honorato, na Festa do Pan de Carral; axudou a cociñar unha tortilla de patacas de case tres metros de diámetro cos veciños da parroquia padronesa de Carcacía e festexou o san Isidro labrego no barrio da Piringalla de Lugo.

Atopar capítulo por: