CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Huecco, Igloo, Lydia Botana e orquestra Israel

14/05/2016 22:15 h

“Bamboleo” recibe a visita do artista estremeño Huecco, que se reinventa con novo disco e unha agresiva e sorprendente imaxe, xa sen rastas. “Lobbo” é o seu novo sinxelo, unha rumbia (estilo creado polo artista) chamada a romper as pistas de baile, coa súa fusión de cumbia con guitarra vintage, que se mesturan con palmas de rumba, voz melódica e rockeira a tramos.
O programa tamén conta coa presenza de Igloo, grupo galego de rock en constante renovación, que fixo unha década sobre os escenarios o pasado ano co lanzamento do seu último disco, “iglØØ2”, un traballo de doce cortes e un sons distintos aos que a banda ten acostumados os seus fans, en que teñen cabida acústicos, versións e remixes.
Tamén actúan a orquestra Israel e a multiinstrumentista galega Lydia Botana, que ten formado parte de diversas agrupacións, tanto de pop, rock e ska coma de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
Na sección “Agora ou Nunca” amosa o seu potencial artístico Lucía Samoelle, co tema “Rascacielos”, de Demi Lobato; e Adrián Torrón, con “Recuérdame”, de Pablo Alborán. En “Canción dedicada”, Maruja e Manolo, da Estrada, contan a súa historia sentimental; mentres que en “Déixate de Juasá”, unha persoa dálle unha mensaxe á súa parella á cara, e en “A ITV do amor” o público ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas. 
Ademais, dúas persoas representando senllas comisións de festas compiten cantando con karaoke en “A Jrileira”, co tema “Me voy”, de Julieta Vengas, e parellas de distintas xeracións bailan rumba e samba na sección “Dirtidansi”.

Atopar capítulo por: