CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 6

14/06/2015 22:00 h

O libro

O boticario do hospital ten as alforxas do seu pasado ben cargadas de escuridade. Ademais da súa adición, ten que afrontar outros problemas diante do seu amigo Daniel e dalgún membro máis do Hospital Real.

Mendoza non deixa o seu empeño de facerse co Hospital Real e sabe que don Andrés axiña descubrirá as artimañas que el e Leopoldo facían na contabilidade. Para ter todo baixo o seu control, o alcalde ordénalle a Duarte que roube o libro de contas e o destrúa. Obedecerá Duarte as ordes de Mendoza?

Dona Elvira intenta tomar o control da familia. Queda pouco para a voda de Daniel, pero as cousas complícanse un pouco máis, xa que ten a sospeita de que Rosalía é a amante do seu fillo, polo que ten que urdir un plan para desfacerse da enfermeira. Elvira recibe a visita dun prestamista da cidade que lle reclama unha importante débeda de seu marido.

Irene Forner consegue novos provedores para o hospital, pero convida a don Andrés a que viaxe con ela ata a vila mariñeira e comprobe el mesmo a calidade do produto. Na viaxe, Irene e Andrés terán tempo para afianzar un pouco máis a súa amizade. 

Don Andrés está preocupado pola súa filla Clara e pídelle ao doutor Sebastián que intente curala. O médico pídelle axuda a un colega con experiencia no tratamento das enfermidades da alma

Atopar capítulo por: